RIBEIRASACRA_NEXT

Convenios

Convenio PROX Consultores

Beneficios de PROX Consultores para as empresas asociadas


  1. Información e orientación inicial sobre subvencións e liñas de apoio para empresas asociadas, sen custo nesta fase inicial.
  2. Información actualizada sobre axudas publicadas e convocatorias de interese.
  3. Envío de boletíns, avisos e resumos informativos sobre subvencións para empresas.
  4. Análise previa de viabilidade do proxecto e das posibles axudas ás que poder optar.
  5. Reunións de orientación e asesoramento personalizado para estudar cada caso.
  6. Servizo de xestión e tramitación de subvencións prestado directamente por PROX CONSULTORES á empresa solicitante.


Condicións económicas do servizo:


  1. Servizo de tramitación non é gratuíto.
  2. Existe un custo fixo inicial, que depende da convocatoria e do proxecto, e que pode situarse aproximadamente entre 200 € e 3.000 € + IVE.
  3. Ademais, existe unha parte variable “a éxito”, consistente nunha porcentaxe sobre a subvención concedida.
  4. As condicións concretas (importe exacto, porcentaxes e forma de pago) establécense en cada proposta individual presentada á empresa.
  5. As empresas asociadas derivadas por Ribeira Sacra Next contan cun 10% de desconto sobre os honorarios de PROX CONSULTORES.
  6. Antes de iniciar calquera tramitación, a empresa recibirá unha proposta económica detallada que deberá aceptar expresamente.

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal